domingo, 16 de febrero de 2014

miércoles, 5 de febrero de 2014

"En busca del primer europeo"

En Busca do primeiro europeo, documental coproducido por TVE, obtivo o segundo premio internacional ao Mellor Documental de divulgación científica no ano 2011.
Este documental é unha viaxe científica cheo de humor e aventuras. Luís Quevedo dá vida a un mozo que busca respostas e Eudald Carbonell, a un eminente arqueólogo ao máis puro estilo Indiana Jones. Xuntos vivirán unha aventura que lles levará a percorrer África, Asia e Europa, para terminar no Museo da Evolución humana de Burgos cunha conclusión: aínda non somos humanos e a evolución continúa.




http://www.rtve.es/alacarta/videos/el-documental/documental-busca-del-primer-europeo/1613685/

Descobre un comportamento científico fraudulento

No seguinte vídeo relátase un comportamento científico fraudulento espero que o descubras e que o comentes no blog.

Videos tu.tv

A evolución do ser humano

sábado, 1 de febrero de 2014

Evidencias moleculares da evolución

Todos os seres vivos teñen ADN. En individuos da mesma especie o ADN é moi parecido, asi, entre os seres humanos é igual nun 99.9%.
As relacións evolutivas na actualidade estúdanse mediante a compararación de moléculas, como por exemplo investigando as similitudes ou diferencias no ADN de diferentes especies. As especies que teñen unha formación xenética similar teñen unha relación evolutiva máis próxima.



Fonte: http://www.windows2universe.org/cool_stuff/tour_evolution_10.html&lang=sp


A evolución dos cans represéntase nesta árbore filoxenético. Científicos da Universidade de California desenvolveron esta árbore baseándose en evidencias de fósiles, anatomía comparada e análise xenética do ADN e proteínas.
O tempo represéntase horizontalmente na árbore. Os cans que están máis relacionados, como os cans domésticos e os lobos grises, aparecen cerca na árbore.