miércoles, 11 de diciembre de 2013

Animarvos a participar

El CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas), junto con la
Fundación Príncipe de Asturias (FPA), desean promover la importancia de
la ciencia y la tecnología en nuestras vidas, así como la importancia
del esfuerzo colectivo para alcanzar objetivos tan ambiciosos como el
descubrimiento del bosón de Higgs. En este sentido, el Premio Príncipe
de Asturias de Investigación Científica y Técnica de 2013 ha reconocido
a los físicos teóricos Peter Higgs y François Englert, que propusieron
la teoría del bosón de Higgs, y a los científicos e ingenieros del CERN
por su descubrimiento en el LHC, donde hay una importante participación
española.

Por esta razón lanzan conjuntamente con la colaboración del Centro
Nacional de Física de Partículas, Astropartículas y Nuclear (CPAN) un
concurso dirigido a estudiantes españoles para que cuenten su percepción
de la ciencia, de la tecnología, de los retos futuros y de cómo ven como
la ciencia puede crear un mundo mejor.

El concurso está dirigido a estudiantes de escuelas españolas (Primaria,
Secundaria y Bachillerato) que pueden presentar tanto un
Dibujo/Foto/Video como una Artículo/Historia/Noticia sobre uno o varios
de los temas enumerados en las bases del concurso

http://www.cernland.net/concurso/#rules

Algunos de los temas son:

¿En qué ha mejorado la ciencia fundamental tu vida?
¿Qué es la ciencia para ti?
¿Cambiará el bosón de Higgs un día mi forma de ver las cosas?

La fecha límite para presentar el trabajo es el 31 de enero a las 23:59.

Todos los trabajos seleccionados recibirán un regalo sorpresa de parte
de la organización del concurso (50 por modalidad y categoría de edad).
También recibirán un regalo los centros educativos y profesores que
estimulen a la participación de sus alumnos.

Los 6 ganadores serán invitados a visitar la sede del CERN en Ginebra
(Suiza) durante dos días con un programa adaptado a su edad. Un
profesor/padre podrá acompañar al ganador.

Página web del concurso: http://www.cernland.net/concurso/

E-mail de contacto: CERN-Fundacion-Principe-de-asturias-contest@cern.ch

Un cordial saludo.


http://www.cernland.net/concurso/

martes, 3 de diciembre de 2013

Os mofos proceden da humidade? os vermes proceden dos cadáveres?. Teoría da xeración espontánea

Os mofos proceden da humidade?, os vermes dos cadáveres?, os piollos da sucidade? Estas preguntas foron formuladas en clase e moitos contestástedes que si e o resto deron a calada por resposta. Quere iso dicir que sodes defensores da Teoría da xeración espontánea???. Que sepades que foi Louis Pasteur en 1864 o que demostrou que todo ser vivo procede doutro ser vivo anterior, refutando con iso a Teoría da xeración espontánea. No seguinte vídeo podedes ver os experimentos científicos que levaron ao fin de dita teoría, tan asentada durante tantos séculos e que algún de vos sigue a crer nela.

miércoles, 27 de noviembre de 2013

Teresa Fonseca mándavos dous links

Un xogo do museo de ciencias de Londres para atopar o Higgs que é gracioso:
http://www.sciencemuseum.org.uk/antenna/bigbang/huntf

Los PhD comics son muy populares entre los estudiantes de doctorado
Este habla del cern y está bien contado:
http://www.phdcomics.com/comics/archive.php?comicid=1066
Yo salgo en las paginas 3 a 5 :D

bicos

Teresa

domingo, 24 de noviembre de 2013

A Doctora Teresa Fonseca deixouvos unha misiva

Seguro que vos acordades do post http://cmc2011-2012.blogspot.com.es/2013/11/que-e-o-cern-que-e-o-lhc.html nel víamos un vídeo no que Teresa contábanos que era o LHC, o bosón de Higgs... Onte estivo en Ourense impartindo unha conferencia aos profes de ciencias no marco do XXVI Congreso de ENCIGA (Asociacion de insinantes de ciencias de Galiza); foi unha pena que non puidesedes asistir porque seguro que a moitos de vós encantaríavos. Déixovos unhas fotos que lle fixen e unha dedicatoria que escribiu para vós.






miércoles, 20 de noviembre de 2013

Feliz aniversario ISS !!!

A Estación Espacial Internacional (ISS) cumpre hoxe 15 anos en órbita, desde o lanzamento do seu primeiro módulo en 1998.

Para ver a ISS en imaxes clik aqui

lunes, 18 de noviembre de 2013

As estrelas





Canibalismo galáctico

A Vía Lactea leva "comendo" outras galaxias máis pequenas. A forza gravitatoria manda no Universo e como a maioría das veces, o grande cómese o pequeno. Dentro de aproximadamente 6000 millóns de anos os científicos indican que a Galaxia Andrómeda (situada a 2,2 millones de anos luz) fusionarase coa nosa galaxia.

martes, 12 de noviembre de 2013

Que é o CERN? Que é o LHC?

Traballo realizado por Diana unha alumna do Otero:



A Doutora Ourensá Teresa Fonseca fala no seguinte vídeo sobre os experimentos que se realizan no LHC:

viernes, 8 de noviembre de 2013

Luca volve a casa desde a ISS


Ler máis aquí

O universo e a súa orixe





Despois de visualizar o vídeo anterior, realiza unha LIÑA DO TEMPO na que se recolla as datas e os principais fitos científicos acontecidos ata a actualidade, sobre o coñecemento do Universo.
.

Programa a utilizar http://www.dipity.com/ (tedes un titorial en http://www.youtube.com/watch?v=SiB-mnkcOME )

viernes, 25 de octubre de 2013

The Known Universe by AMNH

O Museo Americano de Historia Natural colgou na rede este espectacular vídeo, unha reconstrución informática que mostra unha "viaxe" desde a superficie da Terra ata os límites do universo coñecido.
A viaxe comeza no Himalaya e termina no límite do que podemos observar cos instrumentos máis potentes de que dispomos, a 13.700 millóns de anos luz de distancia, Este video serve para que todos deámonos conta do insignificante e pequeno que é o noso mundo, ata a nosa galaxia, se se compara con todo o Universo.

Da Terra ao Universo




http://delatierraaluniverso.cienciadirecta.com/visitaVirtual.asp

jueves, 24 de octubre de 2013

A ISS desde a túa casa

A ISS é o terceiro obxecto máis brillante no ceo, despois do Sol e a Lúa, é fácil de ver se sabes onde e cando buscala. Spot The Station atópase dispoñible a nivel mundial a calquera persoa cunha conta de correo electrónico ou SMS habilitado para móbil. Para darse de alta clik aquí

miércoles, 23 de octubre de 2013

Satélite GAIA


Ler máis AQUÍ


O novo reto da Axencia Espacial Europea é o lanzamento do satélite Gaia para trazar un mapa tridimensional da nosa galaxia con mil millóns de estrelas. Lanzarase en 2013 e permitirá descubrir novos sistemas planetarios e coñecer a historia da Vía Láctea.

Satelites artificiais

Dos 13.000 satélites que hai orbitando á Terra só están funcionando realmente uns 3.500: o resto están clasificados como lixo espacial, o cal empeza a ser un problema.





sábado, 19 de octubre de 2013

Cosmoloxía

A aventura de descubrir o Universo require dunha Ciencia: a Cosmoloxía. E nesta ciencia traballan científicos españois como o astrónomo Alberto Fernández, o matemático Vicent Martínez e os físicos Mariano Moles Eduard Salvador Solé. Podedes velos no seguinte vídeo do programa tres14 preme aquí.

viernes, 18 de octubre de 2013

Por que sabemos que o Universo está en expansión?





Quen foi o astrónomo que demostrou que as galaxias separábanse? En que se basou?


En 2011 o Nobel de Física foi para tres astrónomos polos seus descubrimentos sobre a expansión acelerada do Universo, debido á chamada enerxía escura. Perlmutter, estadounidense, nacido en 1959, é profesor da Universidade de California en Berkeley e do Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley. Schmidt, con nacionalidade estadounidense e australiana, nacido en 1967, é profesor da Universidade Nacional Australiana en Weston Creek. Riess, estadounidense, nacido en 1969, é profesor na Universidade Johns Hopkins (Baltimoere, EE UU) e investigador do Instituto Científico do Telescopio Espacial.



martes, 15 de octubre de 2013

Materia y enerxía escura

Como se pode afirmar que a materia escura existe se non se ve? Cales son as súas características?







Que significa que o Universo estase expandindo? Que enerxía provoca esta expansión? Que sabemos e que non sabemos desa enerxía?

domingo, 13 de octubre de 2013

Proxecto 100.000 estrelas


O proxecto 100.000 estrelas foi creado por Google Chrome e permite aos usuarios navegar pola Vía Láctea para coñecer as principais estrelas. Utilizando datos da NASA e da Axencia Espacial Europea permite viaxar por este mapa estelar interactivo e achéganos ás estrelas máis importantes e ver o seu nome, posición e relación con outros astros. Ademais pódese facer clic en cada estrela para coñecer máis datos técnicos sobre a súa natureza, composición e disposición na galaxia.
Na parte superior de 100.000 estrelas os usuarios poden activar unha opción mediante a que o sistema presenta algunhas dos astros máis especiais da Vía Láctea, de forma que o usuario non teña que buscalas pola súa conta. Como curiosidade, Google explicou que o proxecto conta coa música de Sam Hulick, responsable da banda sonora de Mass Effect. Para entrar Para entrar clik aquí.

sábado, 12 de octubre de 2013

The scale of the Universe

Queres darche unha voltiña polo Universo, nun espazo curto de tempo e desde escalas enormes ata o máis pequeno? Entra nas seguintes animacións. Basta mover a barra de desprazamento ou usar o rato, e tamén se pode facer clik sobre os obxectos que aparecen nos interactivos.

lunes, 30 de septiembre de 2013

jueves, 26 de septiembre de 2013

Ciencia e TV

Neste video, do programa da TVE "Tres catorce", Patricia Fara e Agustí Neto pregúntanse pola importancia da Ciencia na nosa sociedade e como é o noso acceso a ela. José Pardo Tomás e José Ramón Bertomeu falan dos mitos e lendas ao redor dos científicos e os seus achados ao longo da Historia.
Coñeces algún programa de TV de dilvugación da Ciencia?
Quen é ocientífico español máis famoso? Como se mide a fama dos científicos?

Método científico



Canción do grupo “They might be giants” dedicada ao Método Científico.


miércoles, 25 de septiembre de 2013

Ciencia pura e ciencia aplicada

En clase estivemos falando das diferenzas e as interaccións entre ciencia pura e ciencia aplicada e saíu o tema do grafeno. Déixovos o seguinte vídeo para que entendades a estrutura, as características e as aplicacións deste novo material.
.
Algún pode indagar quen foi o seu descubridor?

viernes, 24 de mayo de 2013

AYUDA

NECESITO VUESTRA AYUDA. DOS ALUMNAS DE 1º DE bACH A, ALBA Y SARA, HAN REALIZADO UN VÍDEO MUY CURRADO. LO PRESENTAN AL CONCURSO OCEANTICA 13. SI OS GUSTA ESPERO VUESTRO VOTO.
http://congresooceantica.campusdomar.es/2013/05/24/naturaleza-y-ser-humano-union-o-enfrentamiento-2/

domingo, 3 de marzo de 2013

martes, 12 de febrero de 2013

Simulacións

No seguinte enlace tedes diversas simulacións de procesos biolóxicos:
1. Construir unha molécula de ADN
2. Como transcribe e traduce un xene
3. Como funcionan as proteínas
4. Como extraer ADN
5. Como traballa unha enzima


Aniversario

Tal día como hoxe, en 1809, naceu Charles Darwin, o naturalista inglés que cambiou a percepción científica das nosas orixes.

Cal crees que foi a súa principal achega?

As bases da Biotecnoloxía do ADN







sábado, 9 de febrero de 2013

Mauro atopou o enlace


http://peliculas69.com/pelicula/869/creation.html

por fin a encontrei! Está en español latino, pero vese relativamente ben.



Pelicula biografica sobre o naturalista inglés Charles Darwin e o nacemento da súa revolucionaria teoría da oríxe das especies.Duración 108 minutos.
Logo de vela dicir que vos pareceu.

viernes, 11 de enero de 2013

As xirafas de Lamark

Sara, espero que con este vídeo podas entender mellor as ideas de Lamark sobre a evolución.



Diferencias entre as explicacións de Lamark e as de Darwin sobre o pescozo das xirafas.

jueves, 3 de enero de 2013

Adeus a Rita Levi-Montalcini

O día 30 de decembro morreu a científica italiana Rita Levi-Montalcini aoss 103 años de idade. En 1986 recibíu o Premio Nobel de Medicina, xunto co científico norteamericano Stanley Cohen, grazas ao descubrimento da molécula chamada Factor de Crecimiento Nervioso (NGF).
Rita foi unha traballadora incansable, a pesar da súa avanzada idade nunca deixou de colaborar a favor das mulleres
Deíxovos un vídeo realizado por una ex-alumna do noso centro, nel podemos descubrir a enorme personalidade e valía desta importante científica.