lunes, 29 de octubre de 2012

O día 6 de novembro celebraremos o III Día da Ciencia e a Tecnoloxía en galego

VIDEOCONFERENCIA NO PARANINFO DO NOSO CENTRO
  Título: "Facendo Física de Partículas polo mundo"

Relatores:
Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN.
Olalla Castro. Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos.
Abraham Gallas. Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN.
Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo..
Cibrán Santamarina. Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN.


 Contido: Os experimentos do LHC no CERN levan máis de dous anos de toma de datos. Neste período producíronse resultados científicos de grande interese. A descuberta dunha resonancia que podería ser o bosón de Higgs, que foi noticia de primeira páxina en todos os informtivos do mundo, a pescuda de partículas supersimétricas, os resultados na busca do plasma de quarks e gluons, o estado da materia do universo primitivo, son só algúns dos fitos acadados.
Neste proxecto internacional traballan físicos galegos que colaboran con colegas de todo o mundo nun contexto multilingüe. Moitos deles utilizan o noso idioma para realizar parte do seu traballo, tanto no contexto informal de discusións entre eles, como para a realización de traballos científicos (teses e teses de mestrado) así como na docencia e a divulgación científica. Nesta actividade reuniremos nunha videoconferencia a varios investigadores espallados polo mundo que participan nos experimentos do LHC e que nos contarán a súa experiencia científica e lingüística e as vantaxes que lles supuxo saber falar galego.

A continuación déixovos un comic onde se explica de xeito simplificado algúns dos obxectivos que teñen os experimentos realizados no LHC:

domingo, 28 de octubre de 2012

Que é o CERN? Que é o LHC?

Traballo realizado por Diana unha ex-alumna do Otero:



A Doutora Ourensá Teresa Fonseca fala no seguinte vídeo sobre os experimentos que se realizan no LHC:

sábado, 27 de octubre de 2012

Xavier Cid Vidal, un xove galego de 28 anos, na elite da investigación do mundo


O líder do LHCb do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), Pierluigi Campana, presidiu este venres na Facultade de Física de Santiago o tribunal da tese doutoral de Xabier Cid Vidal. Xunto a Campana desprazáronse á capital galega para avaliar o traballo do investigador do Departamento de Física de Partículas outros dous científicos do CERN, Thomas Ruf e Frederic Teubert, tamén membros do tribunal.

A tese de Xabier Cid achegou destacados novos resultados para o LHCb, un dos catro grandes experimentos instalados no Gran Colisionador de Hadróns, o LHC, o maior acelerador de partículas do mundo, ubicado baixo terra en Xenebra (Suíza). O seu traballo serviu para excluír, partindo da análise de datos deste experimento, a presenza dunha clase determinada de partículas de alta masa, chamadas supersimétricas, que foron postuladas en distintas teorías. En concreto, o xoven investigador explorou desintegracións do quark beauty en dúas partículas penetrantes chamadas muóns. A súa tese foi dirixida polos profesores da USC José Ángel Hernando Morata e Bernardo Adeva Andany.




Para ler a entrevista do líder do LHCb do CERN, Pierluigi Campana, clic aquí.

jueves, 25 de octubre de 2012

O MIrador do ceo




Que planeta estase vendo a primeira ollada pola noite en Ourense? En que dirección temos que mirar?

miércoles, 24 de octubre de 2012

GAIA

O novo reto da Axencia Espacial Europea é o lanzamento do satélite Gaia para trazar un mapa tridimensional da nosa galaxia con mil millóns de estrelas. Lanzarase en 2013 e permitirá descubrir novos sistemas planetarios e coñecer a historia da Vía Láctea.

Telescopio EELT

lunes, 22 de octubre de 2012

O Universo coñecido

Este filme mostra o noso coñecemento do universo a través dos datos obtidos por observacións. Cada lúa, satélite, estrela ou planeta está representado na súa escala correcta.e a súa localización esta medida de acordo ás medicións dos mellores científicos dedicados ás procuras actualizadas, A información é mantida polo Museo Americano de Historia Natural e o Atlas Dixital do Universo.

sábado, 20 de octubre de 2012

Galileo sistema global de navegación por satélite (GNSS)

Dous estudantes españois traballan desde marzo no desenvolvemento dun dos proxectos máis ambiciosos da Axencia Espacial Europea (ESA, polas súas siglas en inglés), o sistema Galileo, o denominado GPS europeo.
Galileo é un sistema global de navegación por satélite (GNSS) desenvolvido pola Unión Europea (UE), co obxecto de evitar a dependencia dos sistemas GPS e GLONASS. Ao contrario destes dous, será de uso civil. O sistema espérase pór en marcha en 2014 logo de sufrir unha serie de reveses técnicos e políticos para a súa posta en marcha.
O GPS (Global Positioning System: sistema de posicionamento global)é un sistema de navegación por satélite que permite determinar a posición dun obxecto, persoa ou vehículo en todo o mundo. O GPS funciona mediante unha rede de 24 satélites en órbita sobre o planeta terra, a 20.200 km, con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie da Terra. O sistema foi desenvolvido, instalado e actualmente operado polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos. A antiga Unión Soviética construíu un sistema similar chamado GLONASS, agora xestiónao a Federación Rusa que consta de 31 satélites.
Fonte da noticia El Mundo 20/10/2012

A estación espacial internacional (ISS)

Un traballo duns alumnos do ano pasado explícavos a ISS

jueves, 18 de octubre de 2012

Cantos satélites artificiais xiran ao redor da Terra?

Dos 13.000 satélites que hai orbitando á Terra só están funcionando realmente uns 3.500: o resto están clasificados como lixo espacial, o cal empeza a ser un problema.





miércoles, 17 de octubre de 2012

Cumpleanos do observatorio espacial Integral

O observatorio espacial Integral da ESA cumpre dez anos en órbita hoxe, 17 de outubro. Para celebralo, preséntanos a seguinte galería que recompila as representacións artísticas dos principais descubrimentos desta misión europea.
Integral, acrónimo inglés de "Laboratorio Internacional de Astrofísica de Raios Gamma", transporta dous telescopios de raios gamma, un monitor de raios X e unha cámara óptica. Os catro instrumentos apuntan simultaneamente á mesma rexión do firmamento para realizar observacións complementarias de fontes de alta enerxía.

lunes, 15 de octubre de 2012

domingo, 7 de octubre de 2012

Materia e enerxía escura

Como se pode afirmar que a materia escura existe se non se ve? Cales son as súas características?







Que significa que o Universo estase expandindo? Que enerxía provoca esta expansión? Que sabemos e que non sabemos desa enerxía?