jueves, 27 de septiembre de 2012

Importancia do traballo colaborativo e interdisciplinar en Ciencia



Outro caso moi recente de traballo en equipo e a misión espacial da NASA denominada Curiosity. Centos de científicos de distintas ramas da Ciencia e nacionalidades, foron necesarios para poder levar a cabo este traballo. Hoxe en día a súas tarefas pasan por manter en Marte este vehículo explorador, dirixir a toma de mostras de chan e po rochoso marciano para postaneriormente facer a súa análise e comprobar a capacidade pasada e presente deste planeta para aloxar vida. 
No seginte vídeo podedes ver a ledicia dos científicos o 6 de agosto do 2012 cando o robot aterrou en Marte.

Déixovos unha animación moi boa dos pasos necesarios que se levaron a cabo na misión do Spirit que foi anterior a do Curiosity.





martes, 25 de septiembre de 2012

En Ciencia é necesaria a comprobación dos feitos

En setembro de 2011 un equipo científico que traballa co detector subterráneo Opera, no laboratorio de Gran Sasso (Italia), indicarón que foron capaces de conseguir neutrinos (partículas elementais de escasa masa e que apenas interaccionan coa materia) que, aparentemente, desprázanse máis rápido que a luz. De confirmarse, sería un bombazo na física, posto que é un alicerce da teoría de Einstein que nada pode superar a velocidade da luz.

A inmensa maioría dos físicos de partículas sospeitaron desde o primeiro momento que algo fixérase mal para obter aqueles resultados que, ademais, contradicían as medidas de velocidade de neutrinos tomadas noutras observacións e con altísima precisión. En xuño de 2012 o asunto dos neutrinos que, supostamente, viaxaban máis rápido que a luz, arroiando a teoría da relatividad especial de Einstein, quedou resolto, foi un fallo no experimento e, cando se repetiron as medidas co mesmo detector e con outros como control, resultou que os neutrinos non viaxan á velocidade indicada.

domingo, 23 de septiembre de 2012

Ciencia na TV

Neste video, do programa da TVE "Tres catorce", Patricia Fara e Agustí Neto pregúntanse pola importancia da Ciencia na nosa sociedade e como é o noso acceso a ela. José Pardo Tomás e José Ramón Bertomeu falan dos mitos e lendas ao redor dos científicos e os seus achados ao longo da Historia.
Coñeces algún programa de TV de dilvugación da Ciencia?
Quen é ocientífico español máis famoso? Como se mide a fama dos científicos?

jueves, 20 de septiembre de 2012

Ciencia pura e ciencia aplicada

En clase estivemos falando das diferenzas e as interaccións entre ciencia pura e ciencia aplicada e saíu o tema do grafeno. Déixovos o seguinte vídeo para que entendades a estrutura, as características e as aplicacións deste novo material.
.
Algún pode indagar quen foi o seu descubridor?