lunes, 26 de diciembre de 2011

Imaxe do día desde a ISS


A NASA na súa páxina web oficial escolleu hoxe unha imaxe de plano oblicuo da península Ibérica. Nela destacan os tons marróns e ocres e obsérvanse sobre todo as luces das cidades de Lisboa, Madrid e Sevilla, ademais de outros moitos puntos de luz que salpican todo o mapa con menor intensidade.
Esta imaxe foi tomada o pasado 4 de decembro desde a Estación Espacial Internacional (ISS).

Darwin o pai da evolución

sábado, 17 de diciembre de 2011

Película recomendada por Tamara Fernández de 2º de bacharelato: "En busca del fuego"



Recoméndovos esta película ambientada na prehistoria e na supervivencia de tres neanderthais, que saben onde buscar o lume pero non saben crealo, e polo tanto danlle todo o sentido da súa vida á súa busca, xa que lles proporciona protección, calor, permítelles dixerir mellor os alimentos... As cousas cambian cando coñecen a unha tribu de Homo Sapiens, en especial a unha rapaza desa tribu.
Na miña opinión é unha película moi ben realizada e ten as súas partes moi graciosas, a pesar de non ter diálogos.
No seguinte archivo podedes ver datos sobre a película: sinopse, secuenciación e información complementaria.

Película para vacacións: "El sonido del trueno"



Ciencia-ficción Alemania - USA Duración: 103 minutos

Esta película esta baseada nun conto escrito por Ray Bradbury no que se relata a historia duns cazadores que viaxan no tempo ata chegar á prehistoria e sen darse conta matan a un insecto. Debido a isto, cando volven atopan un mundo totalmente diferente ao que coñecían nun principio. Este conto é un caso de efecto bolboreta.

http://www.megaupload.com/?d=4XXK0UTI

domingo, 11 de diciembre de 2011

A nosa especie en perigo

Non estamos "destruíndo" o planeta, O QUE ESTAMOS FACENDO É ACABAR COAS CONDICIÓNS DE VIDA PARA MOITAS ESPECIES, ENTRE ELAS A NOSA. É dicir, os que estamos en perigo somos nós. A Terra, o noso planeta, pasou por numerosos cataclismos que orixinaron extinción de moitos organismos. Atopámonos ante a sexta extinción constatada, para algúns científicos a máis agresiva de todas.
¡¡ ESTAMOS EN MOITO PERIGO !! tendo en conta os pobres acordos sobre o Cambio Climático obtidos onte en Durban (Suráfica).
A próxima gran cita climática celebrarase en decembro de 2012 en Catar... o maior emisor de gases invernadoiro per cápita no mundo. Que estamos esperando????



domingo, 27 de noviembre de 2011

Morreu unha gran científica: Lynn Margulis


Onte morreu a científica norteamericana Lynn Margulis. Era unha "superfiguras" da Ciencia actual, nai da Simbioxénese, nova teoría no que outorga un importante papel ás bacterias na evolución da vida na Terra. Lynn, foi a eterna candidata ao Nobel e unha das mentes científicas máis brillantes do último século. Deíxovos un escrito que dedicou ao alumnado do IES Otero Pedrayo e un traballo que realizou sobre ela una alumna do nosos centro.

domingo, 6 de noviembre de 2011

CERN (Organización Europea para la Investigación Nuclear)

Video sobre o CERN e o LHC


Científicos do CERN falan sobre os experimentos que se realizan no LHC.


Video realizado pola alumna Diana Babarro sobre o LHC.

jueves, 3 de noviembre de 2011

Un pouco de música

Sinistro total nunha canción formula as mesmas preguntas que se fan os científicos: Quen somos, de onde vimos, onde imos?

O efecto Doppler

Os seguintes vídeo explica de xeito experimental a expansión do Universo.



miércoles, 19 de octubre de 2011

Incendios en Galiza. Satélite TERRA (sensor MODIS). NASA.

En decembro de 1999, a NASA lanzou o satélite TERRA que ten a bordo un sensor que se chama o Moderate Resolution Imaging Spectroradiometer ou MODIS. Aínda que MODIS ten varias aplicacións (cobertura da terra, estudos meteorolóxicos, etc.) é o primeiro satélite que ten o monitoreo de incendios integrado no seu deseño.


A que velocidade estás viaxando?

O seguinte video envioumo un alumno do ano pasado.

lunes, 10 de octubre de 2011

Conferencia O lado escuro do universo

O vindeiro xoves 13 de outubro, Foro A Rexión, presenta ao Director do Observatorio Astronómico da Universidade de Valencia, Vicent J. Martínez coa conferencia "O lado escuro do universo". Tratará nela de explicar a actual teoría da expansión do universo segundo os recentes Nobel de Física Brian P. Schmidt, Saul Perlmuttert e Adam G. Riess.




View more documents from iesotero.

martes, 4 de octubre de 2011

Nobel 2011 aos tres astrónomos que descubriron a expansión acelerada do Universo




Perlmutter, estadounidense, nacido en 1959, é profesor da Universidade de California en Berkeley e do Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley. Schmidt, con nacionalidade estadounidense e australiana, nacido en 1967, é profesor da Universidade Nacional Australiana en Weston Creek. Riess, estadounidense, nacido en 1969, é profesor na Universidade Johns Hopkins (Baltimoere, EE UU) e investigador do Instituto Científico do Telescopio Espacial.


Os tres astrónomos foron premiados polos seus descubrimentos sobre a aceleración da expansión do Universo a través das súas observacións de supernovas (explosión dun tipo de estrelas ao final da súa vida) moi distantes . Chegaron a conclusión que a expansión do universo, non esta, como cabía esperar, retardándose desde a gran explosión, fai uns 13.700 millóns de anos, senón que está acelerándose, debido á chamada enerxía escura.
A misteriosa enerxía escura, aínda que supón tres cuartas partes do Universo coñecido, é de momento, un dos máis grandes enigmas da Física.

sábado, 1 de octubre de 2011

Tema 1 A orixe do Universo

A orixe do Universo


Que é o universo? De que está formado? Como podemos estudialo? Como se orixinou? Que forma ten? Quen o creou?... estas serán algunhas das preguntas que intentaremos dar resposta no Tema 1 titulado "A orixe do universo"

jueves, 29 de septiembre de 2011

Películas recomendadas

Deíxovos os enlaces para dúas "pelis" . Que problemas teñen os científicos nelas?. Como traballan?

En el filo de la duda
http://www.megavideo.com/?s=seriesyonkis&v=Z8VXZWSD&confirmed=1



Los últimos días del eden
http://www.megavideo.com/?s=seriesyonkis&v=0SVK7RV6&confirmed=1

lunes, 26 de septiembre de 2011

A ciencia parte intrínseca da bagaxe dunha persoa culta


"A historia ensínanos que a ciencia foi unha das forzas máis efectivas para mellorar a vida no noso planeta. Temos que entendela, polo tanto, nun contexto humanístico: non se trata de conseguir moitos expertos, senón de chegar a que sexa parte intrínseca da bagaxe dunha persoa culta, de todos os cidadáns." "O noso futuro depende, colectivamente, de que a ciencia ábrase ao público en xeral."

James Rutherford (Físico), foi conselleiro para temas educativos da principal asociación de científicos de Estados Unidos (e, polo tanto, a máis influente do mundo), a AAAS (Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia), editora da revista Science.

Investigación biomédica

martes, 20 de septiembre de 2011

Entérate, a ciencia tamén é cultura


O blog de Ciencias para o Mundo Contemporáneo vai seguir unha dinámica parecida á do curso pasado, só introduciremos pequenos cambios na xestión. A nosa pretensión é optimizar o tempo planificado para a actualización do edublog, co fin de axustalo ao voso perfil cun elevado número de materias e actividades diarias.
Todo o alumnado que o desexe poderá publicar artigos relacionados cos temas que esteamos vendo, ou noticias de ciencia e tecnoloxía. Pero ollo, sen utilizar a técnica do "copiar" e "pegar" e citando sempre as fontes de onde se extraeu a información. Co fin de incentivar os comentarios dos lectores as entradas deberán terminar con preguntas ou coletillas que @s inviten a participar. As entradas e comentarios sempre estarán firmadas.
Será necesario facer grupos de sete persoas (cada membro realizará un post o día da semana que lle corresponda). Despois hai que darse de alta no blog, para iso debes enviar un correo electrónico e pedirme o alta a blogcmcotero@gmail.com. Recibirás no teu correo electrónico unha invitación (un enlace) para configurar o teu perfil, cunha contraseña de acceso e, a partir dese momento, serás un membro activo do blog.
Para opinar ou preguntar, sempre con respecto, sobre as noticias e artigos que se vaian publicando, simplemente tes que deixar o comentario no post correspondente.
As colaboracións, como membro activo ou como lector, terán valor académico. No mes de xuño de 2012 todo sumará á hora de levar unha boa nota.
As fontes de documentación que podedes utilizar serán fundamentalmente as seguintes:
Plataforma SINC del FECYT;
A ciencia cierta
El país ciencia,
El Mundo ciencia,
Público ciencia
ABC ciencia.

sábado, 17 de septiembre de 2011

Que é ciencia e que non é ciencia?


Neste video, do programa da TVE "Tres catorce", Patricia Fara e Agustí Neto pregúntanse pola importancia da Ciencia na nosa sociedade e como é o noso acceso a ela. José Pardo Tomás e José Ramón Bertomeu falan dos mitos e lendas ao redor dos científicos e os seus achados ao longo da Historia.
Espero os vosos comentarios sobre este documental. Responde realmente ao título?. Algunha opinión dos que interveñen chamouche a atención?...
Tamén podedes ver o video no seguinte enlace http://www.megaupload.com/?d=CBL9IPA2

Recomendámosche a web do enxeñeiro industrial Fernando do Álamo. Para el, como para moitas persoas, a historia da Humanidade non é a que fixeron os reis e outros dirixentes, senón que é a historia da ciencia e os avances científicos.
O programa de divulgación científica de Radio Nacional de España presentado por Manuel Seara Valero Aos ombreiros de xigantes ten unha sección semanal de historia da ciencia. É un espazo de actualidade cos achados máis recentes, as últimas noticias publicadas nas principais revistas científicas, e as voces dos seus protagonistas.

Comeza a nosa andaina